O lume salta a Pontevedra. Incendios en Oia e Vilaboa | En Ourense mellora a situación | A Xunta mantén a prealerta por escaseza de auga prolongada
22/08/2025 00:25:06O susto saltou a Pontevedra. Dous incendios agresivos preto das casas obrigaron a decretar a situación 2 de emerxencia en Oia e en Vilaboa. En Oia desaloxaron un cámping e en Vilaboa 14 veciños tiveron que abandonar as súas casas, por precaución | En Ourense, aínda que a situación mellora, seguen sen control cinco grandes incendios, algúns deles batendo marcas de superficie arrasada. Nas dúas semanas que levamos de vaga de lumes arderon en Galicia case 90.000 hectáreas, segundo as estimacións da Xunta | As viñas, tamén vítimas do lume. Nunha adega de Verín arderon unhas 10 hectáreas de cepas estragando 120.000 quilos de uva a piques de vendimar. Os adegueiros afectados piden axudas con urxencia | A Xunta mantén a prealerta por escaseza de auga prolongada e pídelle aos veciños que eviten malgastala. O aviso afecta a 20 concellos e estase seguindo especialmente a situación na conca no Lérez, na zona de Baiona e no río Grande de Camariñas
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesibilidad
- Subtitulado