Telexornal Galicia 20-10-2025 - Telexornal - Galicia | Ver
Telexornal - Galicia  Telexornal Galicia 20-10-2025

Chega o peregrino 500.000 deste ano | O proxecto de presupostos chega ao Parlamento | Cáritas abre unha nova tenda de moda sostible en Vilagarcía

20/10/2025 00:25:05
Recomendable para todos los públicos
Telexornal - Galicia - Telexornal Galicia 20-10-2025 Telexornal - Galicia - Telexornal Galicia 20-10-2025
Telexornal Galicia 20-10-2025 00:25:05 20/10/2025
Recomendable para todos los públicos Sub
Sinopsis

Un peregrino recibe a compostela número 500.000 deste ano. Un fito histórico, que recae en Jairo Forero, colombiano, de 70 anos, que chegou a Santiago despois de facer o camiño portugués dende Baiona, xunto ao seu fillo, en recordo da súa muller falecida de cancro en decembro pasado | O proxecto de presupostos da Xunta xa está no Parlamento. Unhas contas que aumentan un 2´1 por cento respecto as deste ano, A oposición critica que é un incremento que non cubre nin sequera a inflación prevista e son insuficientes para afrontar as necesidades de gasto social | Ryanair afronta unha nova xornada de folga do persoal en Santiago, en protesta contra o peche da base do aeroporto Rosalía de Castro. Denuncian que suporá o despedimento de máis de cen empregados | Abre en Vilagarcía unha nova tenda de roupa da cadea promovida por Cáritas. Unha iniciativa creada hai dez anos para ofrecer oportunidades de emprego e convertir os residuos textis en moda sostible

Ficha técnica
Géneros
Información y actualidad
Idiomas
Castellano
Accesibilidad
Subtitulado