Sardiñas para San Xoán | Xuízo polo asesinato de Elisa Abruñedo | Campionato Mundial Multisport en Pontevedra | Luz Casal nobre de España
20/06/2025 00:25:04Último día de clase para os máis de 300.000 estudantes de Infantil, Primaria, Secundaria e tamén Bacharelato. Unha despedida ata o próximo curso, que dará comezo en Galicia o 8 de setembro | Un pouquiño máis cara pero de calidade excelente... é o que comentan os pescadores que esta mañá vendían na lonxa a sardiña a 5 euros de media, se ben os usuarios pagámola nos supermercados e prazas case ao dobre: uns 9 euros | Fin das testemuñas no xuízo polo crime de Elisa Abruñedo. O asasino confeso fixo uso da palabra. O obxecto de veredicto entregarase o mércores | Desartellada unha banda que estafaba a persoas maiores simulando ventas nas que as vítimas facían contratos de financiamento | A Xunta declara de interese público a renovación do parque eólico da Serra da Panda, situado entre os municipios coruñeses de Mañón e Ortigueira | O camiño de Santiago de Eric e María | Máis de 3.500 participantes chegados de todas partes de España e ata de 60 países recollían esta mañá as súas credenciais para participar no Multisport, un campionato de ata seis modalidades deportivas para profesionais e afeccionados | O pleno da Real Academia Galega escolle a Begoña Caamaño pola riqueza e madurez da obra literaria da escritora viguesa. Tamén pola a súa traxectoria nos medios públicos | Luz Casal é Marquesa de Luz e Paz. Convértese nunha dos 6 primeiros nobres do reinado de Filipe VI que ata o de agora non concedera ningún título. A artista confesaba nas súas redes sociais sentir unha embrolla de sentimentos: perplexidade, ledicia, pudor e agradecemento
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesibilidad
- Subtitulado