Telexornal Galicia    20-05-2025 - Telexornal - Galicia | Ver
Telexornal - Galicia  Telexornal Galicia 20-05-2025

Caladoiro Gran Sol | Vacinación infantil | Cooperativa de alugueiro | Castelao na UNESCO

20/05/2025 00:25:01
Recomendable para todos los públicos
Telexornal - Galicia - Telexornal Galicia    20-05-2025 Telexornal - Galicia - Telexornal Galicia    20-05-2025
Telexornal Galicia 20-05-2025 00:25:01 20/05/2025
Recomendable para todos los públicos Sub
Sinopsis

O sector pesqueiro valora o acordo entre a UE e o Reino Unido que garante a pesca no Gran Sol ata o ano 2038. Supón estabilidade e poder planificar investimentos a longo prazo | 71.000 traballadores e traballadoras en Galicia son inmigrantes. Entra en vigor o novo regulamento que introduce cambios nos visados, permisos de traballo, arraigamento e reagrupación familiar. As asociacións cren que introduce avances, pero que deixa atrás aos solicitantes de asilo | O SERGAS comezará a vacinar desde o vindeiro luns aos mozos de ata 21 anos contra o virus do papiloma humano | Artistas locais secundan as protestas do persoal e doentes do hospital de Burela cunha pancarta | Galicia encarga á Comisión Galega de Competencia un informe por "conduta abusiva" de Renfe ao non permiti-la compra de viaxes a longo prazo | Comeza no Recinto Feiral de Vigo a terceira edición de AquaFuture, o único foro en España sobre a Acuicultura | Máis de dous mil mariñeiros e 400 embarcacións poderanse beneficiar das axudas para compensar as perdas polas vedas do xurelo e o polbo | A venda do primeiro bonito adianta a campaña unha semana | Un cento de viticultores da comarca ourensá do Ribeiro verán minguada a colleita polos danos que lle causou o corzo aos viñedos | Confirmada a pena de cinco anos de cadea a un home da provincia de Pontevedra que pulverizou con gasolina a súa casa para tentar matar á súa parella | 224 cooperativistas deberían entrar nos seus pisos dentro dun ano e as obras aínda non empezaron | Aprender curiosidades e datos científicos mentres desfrutas nun local de restauración. É o obxectivo dun festival científico que se celebra estes días en sete cidades galegas | A biblioteca da UNESCO recibirá un exemplar orixinal do último discurso de Castelao, Alba de Gloria, co gallo do Día Mundial da Diversidade Lingüística | Chucho Valdés actuará en Vigo e A Coruña na súa xira europea co cuarteto que o acompaña. "Chucho Valdés Royal Quartet" presenta os temas do seu novo disco "Cuba AND BeYOND", nomeado aos premios Grammy deste ano

Ficha técnica
Dirigido por
Xan Touceda, Lois Docampo
Géneros
Información y actualidad
Idiomas
Castellano
Accesibilidad
Subtitulado