A Xunta anuncia o arquivo do proxecto de Altri | Remata a folga de médicos con 30.000 actos suspendidos | As estatuas de Carboeiro volven a Galicia
23/02/2026 00:24:59A Xunta anuncia o arquivo do proxecto de Altri en Palas de Rei. A conselleira de Industria confirma a decisión pola imposibilidade de conectar coa rede eléctrica, ante a denegación por parte do goberno central da conexión solicitada pola multinacional portuguesa | A folga de médicos remata, cun seguemento do 86 por cento nos hospitais e do 23 por cento nos centros de saúde, segundo os convocantes. O sergas di que xa son unhas 30.000 as consultas e outros actos médicos suspendidos a causa do conflito | Un Celta moi superior, con Iago Aspas de novo como estandarte, colle vantaxe fronte ao Páok na Europa League, por 1 a 2. Un encontro con polémica e no que os gregos perderon por primeira vez na casa no último ano | San Lucas e San Xoán están de volta en Galicia. Son dúas esculturas que pertencían ao mosteiro de San Lourenzo de Carboeiro, en Pontevedra. Tras unha estadía en Barcelona, regresan cedidas e estarán expostas no Museo das Peregrinacións. 20-02-2026
- Dirigido por
- Xan Touceda, Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesibilidad
- Subtitulado