Atascos en Santiago pola folga do Transporte | Acordo para aplicar o regulamento da pesca de baixura | Informe de 2025: un ano extremadamente cálido
20/01/2026 00:24:31Atascos e dificultades de tráfico, a primeira hora da mañá, en Santiago, recollidas na sala de pantallas da policía local, nunha nova xornada de folga do transporte de viaxeiros na provincia da Coruña, tamén sen servizos mínimos | O sector da pesca volve hoxe á actividade logo do acordo acadado en Madrid co Ministerio para modificar o Regulamento de control de capturas aprobado pola Unión Europea. As pesaxes non terán que ser a bordo para as pequenas embarcacións e xa non terán que preavisar con catro horas de antelación da chegada a porto | Segue a mobilizacición de gandeiros e agricultores contra o tratado de libre comercio entre a Unión Europea e Mercosur. En Lugo, rodean a muralla con tractores, e buscan concienciar aos consumidores con degustación de produtos de proximidade | 2025 foi un ano extremadamente cálido cunha temperatura media de 14,7 graos. Así figura no informe de Meteogalicia, que destaca tamén a calor e seca durante o verán, co mes de xuño máis cálido dende que hai rexistros
- Dirigido por
- Xan Touceda, Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano