Preparativos nos cemiterios | Limpan en Vigo o vertido de aceite de palma á ría | Entrega á Xunta da residencia de Ferrol | Día galego sen tabaco
31/10/2025 00:10:03Limpeza, flores novas e velas para que os cemiterios luzan nos días do ano nos que reciben máis visitas. A tradición de acompañar os defuntos vívese especialmente este ano nas zonas afectadas polos incendios. En algúns, o lume tamén ameazou os camposantos | En Vigo, seguen recollendo o aceite de palma que ser verteu ao mar tras romper un depósito no porto. Foron parar á auga unhas cen toneladas deste produto que non é tóxico nin contaminante | A Fundación Amancio Ortega entrega á Xunta a quinta das sete residencias de maiores que construíu ou ten en proxecto nas cidades galegas. A de Ferrol. Ten capacidade para 120 residentes e custou 30 millóns de euros | Só na nosa comunidade, cada ano morren 2.500 persoas por consumo de tabaco ou exposición ao fume ambiental. Hoxe, día galego sen tabaco, profesionais sanitarios e voluntarios saen á rúa para concienciar sobre os riscos deste hábito
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesibilidad
- Subtitulado