Telexornal Galicia 2    31-10-2024 - Telexornal - Galicia | Ver
Telexornal - Galicia  Telexornal Galicia 2 31-10-2024

Flores na véspera de Todos os Santos | O sector turístico prevé un 75% de ocupación durante a ponte | 25 anos da Casa dos Peixes, na Coruña

31/10/2024 00:25:02
Recomendable para todos los públicos
Telexornal - Galicia - Telexornal Galicia 2    31-10-2024 Telexornal - Galicia - Telexornal Galicia 2    31-10-2024
Telexornal Galicia 2 31-10-2024 00:25:02 31/10/2024
Recomendable para todos los públicos Sub
Sinopsis

Orquídeas, rosas e sobre todo crisantemos. Son flores para lembrar os defuntos, na véspera de Todos os Santos. Nos camposantos é día de adecentar lápidas e tumbas, continuando así unha tradición que pervive no tempo | Arranca unha ponte festiva na que as previsións do sector turístico prevén unha ocupación media do 75 por cento durante os próximos días, que podería incrementarse polo bo tempo e as reservas de última hora. A provincia de Pontevedra é a que maior afluencia espera a nivel nacional, con case o 90 por cento | Seguemento de case o 90 por cento na Primeira xornada de folga no concello de Ourense, segundo os sindicatos convocantes. Reclaman o abono de pagas extraordinarias e protestan contra o que consideran falta de respecto contínuas por parte do alcalde Gonzalo Pérez Jácome | Entre os posibles plans para disfrutar durante a ponte, destacamos o Aquarium Finisterrae, a Casa dos Peixes da Coruña, que está a celebrar o seu 25 aniversario. Con máis de seis millóns e medio de visitantes recibidos neste tempo. Un dos principais centros de divulgación científica en toda España, adicado ao mundo do mar

Ficha técnica
Dirigido por
Xan Touceda, Lois Docampo
Géneros
Información y actualidad
Idiomas
Castellano
Accesibilidad
Subtitulado