Accidente por lanzamento de pedras na AP-9 | Protesta dos bombeiros forestais | O IPC remonta ata o 3, 1 % en outubro | As imaxes de Nicolás Muller
30/10/2025 00:10:03A Garda Civil investiga o lanzamento de pedras dende un paso elevado na AP-9, en Vilaboa, que provocou un accidente múltiple, con catro vehículos implicados. Unha persoa foi derivada a un centro hospitalario | Bombeiros forestais denuncian descoordinación e mala xestión na vaga de lumes do mes de agosto. Nunha protesta en Santiago, o persoal do Servizo de Protección e Defensa contra os incendios reclama que os seus contratos todo o ano | O IPC interanual remonta ata situarse no 3, 1 % en outubro. É unha décima máis que o mes anterior, que se atribúe ao aumento dos prezos da electricidade, do transporte aéreo e o ferrocarril | A intensa transformación da sociedade galega nos anos 50 e 60, a través da cámara de Nicolás Muller. O fotógrafo húngaro percorreu o norte de España e agora o material é recuperado nunha mostra en Lugo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesibilidad
- Subtitulado