Telexornal Galicia 2    30-06-2025 - Telexornal - Galicia | Ver
Telexornal - Galicia  Telexornal Galicia 2 30-06-2025

Consello da Xunta | Alerta por calor | O novo de Cristian Silva

30/06/2025 00:10:04
Recomendable para todos los públicos
Telexornal - Galicia - Telexornal Galicia 2    30-06-2025 Telexornal - Galicia - Telexornal Galicia 2    30-06-2025
Telexornal Galicia 2 30-06-2025 00:10:04 30/06/2025
Recomendable para todos los públicos Sub
Sinopsis

Galicia reclamará ao Goberno central o traspaso das competencias para xestionar os permisos de traballo das persoas estranxeiras que queiran traballar na Comunidade. O BNG levará ao Parlamento unha iniciativa para crear unha Oficina contra a Corrupción, un organismo que xa funciona noutras comunidades como Cataluña. Os socialistas acusan ao PP de actuar con hipocrisía, especialmente no caso da denuncia por agresión sexual contra o exconselleiro do Mar | O home detido en Vigo por agredir sexualmente a un adolescente nos baños dun centro comercial cumprira condena por violar e asasinar un neno de dous anos e medio, fillo da súa parella, en 1999 | O Val do Miño en Ourense e o noroeste desta provincia están en alerta 3 por altas temperaturas. Isto supón, por exemplo que non se pode practicar deporte federado no exterior. Hai outras zonas en alerta dúas | Hoxe remata a gratuidade nas viaxes de tren de Media Distancia. Os viaxeiros frecuentes pagarán, por primeira vez dende 2022, bonos mensuais, que oscilan entre os 90 e os 200 euros. A xente nova conta con outras bonificacións | Cristian Silva saca novo disco. En 'Un hombre tranquilo' rebélase contra o mundo tumultuoso, e faino á xaponesa, porque di que estar tranquilo é o acto máis transgresor nos tempos que corren

Ficha técnica
Géneros
Información y actualidad
Idiomas
Castellano
Accesibilidad
Subtitulado