Telexornal Galicia 2 30-01-2025 - Telexornal - Galicia | Ver
Telexornal - Galicia  Telexornal Galicia 2 30-01-2025

O IPC repunta ao 3% en xaneiro | Novo centro contra os ciberataques, en Vigo | Homenaxe a Xosé Vizoso no Día da Ilustración

30/01/2025 00:23:27
Recomendable para todos los públicos
Telexornal - Galicia - Telexornal Galicia 2 30-01-2025 Telexornal - Galicia - Telexornal Galicia 2 30-01-2025
Telexornal Galicia 2 30-01-2025 00:23:27 30/01/2025
Recomendable para todos los públicos
Sinopsis

Repunta dos prezos no arranque do 2025. O IPC de xaneiro sobe dúas décimas, ata situarse no 3 % interanual, o nivel máis alto no último medio ano. O encarecemento da electricidade e, sobre todo, dos carburantes, é o que máis contribúe a aumentar a inflación, mentres baixa o lecer e a cultura | Galicia conta dende hoxe cun novo centro especializado en combater ciberataques, tanto a particulares como a empresas e institucións. É o centro de Talento e Tecnoloxía da compañía Telefónica, ubicado no barrio do Calvario, de Vigo. Conta cun equipo inicial de cen traballadores, e aspira a converterse en referente internacional na protección das operacións dixitais | O Hospital Clínico de Ourense elabora por primera vez en Galicia, un protocolo para que pacientes con ingresos de longa duración poidan recibir a visita das súas mascotas. Deben cumprir Estritas normas sanitarias e de seguridade, e contar con permiso dun médico e do veterinario dos animais | Hoxe celébrase o Día da Ilustración, que a Xunta adica este ano, por vez primeira a un artista vivo. Trátase de Xosé Vizoso. Deseñador, durante catro décadas, da cerámica Sargadelos, cun grafismo poderoso que entronca coa cultura tradicional, e que forma xa parte do noso imaxinario popular. Aos seus 75 anos, segue dedicado a esa paixón polo debuxo que empezou no seu Mondoñedo natal

Ficha técnica
Géneros
Información y actualidad
Idiomas
Castellano