Telexornal Galicia 2    29-05-2025 - Telexornal - Galicia | Ver
Telexornal - Galicia  Telexornal Galicia 2 29-05-2025

Coruña zona residencial “tensionada” | Tensións entre as Universidades galegas | Acollida de menores inmigrantes | Festas da Ascensión

29/05/2025 00:10:03
Recomendable para todos los públicos
Telexornal - Galicia - Telexornal Galicia 2    29-05-2025 Telexornal - Galicia - Telexornal Galicia 2    29-05-2025
Telexornal Galicia 2 29-05-2025 00:10:03 29/05/2025
Recomendable para todos los públicos Sub
Sinopsis

Reunión de urxencia da Xunta cos reitores das tres universidades galegas despois de que a da Coruña anunciase a súa intención de ter unha facultade de medicina. Ricardo Cao alega que non se están a cumprir os acordos de formación nos hospitais fóra de Santiago e apunta ao recente acordo da universidade privada de Galicia para formar sanitarios | A Coruña convértese na primeira localidade galega declarada zona residencial “tensionada”. Deste xeito poderá empregar as ferramentas legais para tentar baixar os prezos dos alugueiros | 15 anos de prisión para o home de Vigo acusado de asasinar ao seu compañeiro ocupa | Galicia debería ampliar en 625 as prazas de acollida de menores inmigrantes que chegan sós. Así o establece a proposta do Goberno do Estado, que fixa para todas as comunidades unha capacidade de 32 prazas por cada 100.000 habitantes | Protagonismo feminino na gala dos premios Martín Códax da música entregados no Pazo da Cultura de Pontevedra | Santiago celebra o día grande das festas da Ascensión. Cinco días cunha programación especial nas que este ano acompaña un tempo practicamente de verán | Último espectáculo de ‘Conexións Vigo’: Música e danza clásicas no monte do Castro co fondo da Ría

Ficha técnica
Géneros
Información y actualidad
Idiomas
Castellano
Accesibilidad
Subtitulado