Escaseza de vieira da Ría | Preocupación en Sanidade pola conflictividade | Proba de nave non tripulada en Ferrol | Nominados aos Premios Feroz
27/11/2025 00:10:03A vieira, un dos produtos estrela das mesas do Nadal, escasea como nunca nos últimos anos na Ría de Arousa. Un estudo científico intenta averiguar por qué | Continúa a folga do persoal de atención primaria, malia que catro dos sindicatos pactaron melloras co Sergas e desconvocaron os paros. A CIG e o sindicato Omega, que son os maioritarios manteñen a protesta que rematará mañá | O conselleiro de Sanidade amosou a sua preocupación pola conflictividade laboral, nun momento de aumento da demanda asistencial pola vaga de gripe, anque destacou a baixa incidencia ata agora da folga | Xa coñecemos aos nominados aos Premios Feroz, os galardóns que outorga a crítica audiovisual. 'Los Domingos' é a película favorita con 9 nominacións. Entre as series destacan 'Poquita fe' e 'Superestar' con 6 cada unha. Por segundo ano consecutivo estes premios celebraranse en Pontevedra e poderanse seguir en directo por La 2 desta casa e por RTVE Play
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesibilidad
- Subtitulado