Proposta do galego como lingua da Unión | Prórroga a Ence
27/05/2025 00:10:02Adiada a votación en Bruxelas para decidir se o galego, xunto ao catalán e o euskera, se consideran linguas cooficiais na UE. Galicia é a única comunidade das tres afectadas que non apoia a proposta | Denuncias de irregularidades nos procesos selectivos ao SERGAS en galego | O Tribunal Constitucional admite a trámite o recurso da cidade de Pontevedra contra a ampliación da concesión da fábrica de celulosa de Ence | O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia paraliza outro proxecto eólico nos Ancares | Condena a un home a 9 anos de cárcere por agresión sexual continuada a unha pequena de oito anos de 4 anos a outro por violar á súa noiva nun hotel | Segunda xornada no xuízo polo asasinato de Cristina Cabo | A Xunta pide ao Goberno de Estado que dea marcha atrás no recorte de 50 millóns de euros no Plan Corresponsables, un programa para financiar servizos de conciliación dos concellos, Anpas e entidades de iniciativa social | Protestas no hospital Álvaro Cunqueiro ante un novo episodio violento; un paciente que pechou na sala de triaxe a unha celadora e a un enfermeiro ata que a muller conseguiu fuxir e dar a alarma | Proxecto solidario en Lugo para construír un parque infantil no hospital da cidade | Unha trintena de actuacións de todo tipo de música e baile no programa cultural ‘Conexións Vigo’ que leva música e danza a preto de vinte espazos urbanos
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesibilidad
- Subtitulado