A electricidade mantén ao IPC no 2´3% | O PIB aumentou un 2´6% en 2025 | O TSXG ordena protexer o terreo de Altri en Palas | O Celta pasa a oitavos
27/02/2026 00:10:03A caída dos prezos da electricidade por debaixo dos de hai un ano, tiran para abaixo a inflación, e permite manter o IPC internual no 2´3% en febreiro. O dato feito público hoxe polo INE destaca pola moderación, pese a suba xeneralizada nos último mes dos alimentos e dos servizos | A economía galega bate as previsións cun crecemento do 2,6% do PIB en 2025. Unha décima por riba do previsto | Unha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza obriga á Xunta a recuperar a protección da área onde se pretendía instalar ALTRI en Palas de Rei, en resposta a un recurso presentado pola Asociación ecolixista ADEGA | O Olympique de Lyon será o rival do Celta nos oitavos de final da Europa League. Os vigueses gañáronse esa praza de oitavos despois de eliminar ao Paok de Salónica. Venceron en Balaídos pola mínima cun tanto de Williot noutra noite máxica para o celtismo |
- Dirigido por
- Xan Touceda, Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesibilidad
- Subtitulado