O IPC aumenta o 3% en febreiro | A Xunta encabeza o rexeitamento á quita de débeda | “Orixes”, unha experiencia inmersiva do mundo primitivo
27/02/2025 00:25:03O aumento do prezo da luz fai que a inflación suba ao 3 por cento interanual en febreiro. UN dato do IPC publicado hoxe, que acada o nivel máis alto dos últimos nove meses. A inflación subxacente, sen ter en conta a enerxía e os alimentos, baixa en cambio tres décimas | A Xunta súmase aos outros gobernos autonómicos do Partido Popular no rexeitamento á condonación de débeda autonómica proposta polo goberno. Dí que Galicia sae perxudicada ao ter que asumir casi 600 millóns máis de débeda. O BNG reclama a Rueda explicacións nun pleno extraordinario | No día internacional do transplante de órganos e tecidos, coñecemos o caso de Iván Quñoá, veciño de Sarria, un caso extraordinario de superación, diagnosticado de cancro na adolescencia, e que está vivo gracias a un transplante de ríl, que recibíu da súa irmá, e outro de fígado dun doante falecido | Como sería a Terra hai catrocentos millóns de anos. E o que intenta explicar grazas a realidade virtual a exposición Orixes, no Museo Gaiás, da Cidade da Cultura de Santiago. Unha experiencia inmersiva que permite viaxar no tempo e interactuar con criaturas prehistóricas
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano