Efectos da borrasca Joseph na crecida dos ríos | O paro remata 2025 cun descenso de 2.500 persoas | Lembranza de Pucho Boedo aos 40 anos da sua morte
27/01/2026 00:10:04Xa son máis de 800 as incidencias rexistradas polos servizos de emerxencias ao paso da borrasca Joseph, a maioría relacionadas con obxectos nas estradas e desprendementos. Logo da gran cantidade de chuvia caída nas últimas horas, a atención céntrase nos ríos | Colisión múltiple con 23 vehículos implicados na AP-9, a altura do concello de Oroso, cerca de Santiago. Ocorreu pouco despois das nove da mañá en sentido Pontevedra. Varias persoas resultaron feridas, entre elas dous deputados do Partido Popular | O paro descendeu en Galicia en 2.500 persoas ao remate de 2025. Así o indican os datos da EPA, que destacan a creación de máis de 30.000 empregos ao longo do ano. O descenso do paro en Galicia é inferior á media do conxunto de España | Un dos nomes da música galega do século XX, pioneiro en grabar cancións pop na nosa lingua. Pucho Boedo, conquistou dende a sua Coruña natal os escenarios de medio mundo coa sua característica voz, primeiro na formación Los Satélites, e logo a fronte de Los Tamara, con éxitos que marcaron unha época. Do seu falecemento cúmprense 40 anos
- Dirigido por
- Xan Touceda, Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesibilidad
- Subtitulado