Altri encende o pleno parlamentario | Demanda pioneira contra a Xunta polo estado do encoro As Conchas | O Baxi nas horas previas ao partido
26/03/2025 00:25:02Rueda pecha o debate medioambiental por Altri e defende a macrocelulosa proxectada en Palas de Rei como fonte de riqueza pra Galicia. A oposición acúsao de implantar unha industria contraria ás medidas fronte ao cambio climático, que provocará perda de emprego noutros sectores e requerirá dunha gran inversión con diñeiro público | Europa declara de interese estratéxico o proxecto de extracción de Litio en Doade, no concello de Beariz. Pretende obter unhas 90.000 toneladas ao ano dun mineral necesario na fabricación de baterías recargables. Un proxecto cuestionado por grupos ecoloxistas | Particulares e organizacións acusan á Xunta de Galicia de inacción ante a contaminación do encoro das Conchas pola actividade intensiva gandeira e aviar. Por primeira vez en Europa, xulgaráse ese impacto nos recursos hídricos dende a perspectiva de dereitos fundamentais das persoas | Comeza en Silleda SEDEXPO, a Feira Internacional de Seguridade, Defensa e Emerxencias | Peches e protestas dos veterinarios de toda Galicia pola norma de administración de antibióticos | A asociación Ponte nas Ondas, dedicada a difundir o patrimonio inmaterial galego-portugués a través das radios escolares, cumpre 30 anos... RNE participa no maratón radiofónico desenvolto en máis de 60 centros educativos de Galicia e Portugal | O Foro Innova enche de proxectos innovadores a Cidade da Cultura, en Santiago. Propostas punteiras dos centros de Formación Profesional coas que os visitantes poden interactuar | Nas horas previas ao partido de ida da final da Eurocup do Baxi Ferrol palpamos as sensacións no equipo. O pabillón d Malata estará cheo e hai pantallas instaladas fóra para os que non conseguiron entradas
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesibilidad
- Subtitulado