Mortandade masiva de marisco na Ría de Noia | Rueda lamenta o fracaso de Altri | Mostra sobre maternidade animal, en Vigo | O Deportivo abre museo
25/02/2026 00:10:04Mortandade prácticamente total da ameixa e o berberecho, pola baixa salinidade das augas. Así están os bancos da ría de Noia, logo das intensas chuvias deste inverno | Na sesión de control ao goberno, o presidente Rueda di que co arquivo do proxecto de Altri o claro perdedor e o futuro industrial de Galicia | Preparativos para a eclipse de sol do vindeiro 12 de agosto. Galicia será un dos mellores lugar para vela | Os acusados da morte de Matilde Muñoz, a muller de Ferrol asasinada en Indonesia na habitación dun hotel turístico en xullo do ano pasado, condenados a 18 anos de cárcere | O Deportivo da Coruña abre en Riazor un museo que busca converterse nun novo punto de peregrinación dos afeccionados do club branquiazul e render homenaxe aos seus 120 anos de historia | Unha exposición fotográfica afonda no vínculo existente nas diferentes especies entre as nais e as súas crías. E unha mostra que xa pode visitarse na Sala de Exposición do Teatro da Afundación en Vigo
- Dirigido por
- Xan Touceda, Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesibilidad
- Subtitulado