Iago Aspas, protagonista da Europa Leage | A taxa de paro baixa ao 8% | Homenaxe a Suso Díaz en Santiago | Denuncia de acoso escolar en Vigo
24/10/2025 00:10:04Cun golazo no primeiro minuto, clave para a vitoria ante o Niza na Europa Leage, Iago Aspas coróase, como xogador con máis partidos na historia do Celta | Os conselleiros de Sanidade populares, entre eles o da Xunta, abandonan o Consello Interterritorial de Saúde en Zaragoza | O tirón da creación de emprego no verán fai que a taxa de paro en Galicia baixe ao 8 por cento, unha cifra que non se acadaba dende antes da crise de 2008. Mantense dous puntos e medio por debaixo da media de España | Homenaxe en Santiago a Suso Díaz, histórico sindicalista de Comisións Obreiras en Galicia, finado o pasado mes de xullo. Pai da Vicepresidenta Yolanda Díaz, que acudiu ao acto visiblemente emocionada | Pais dun colexio de Vigo denuncian falta de resposta ante o presunto acoso que sufriu a súa filla de cinco anos | Sabela Ramil publica un novo álbum con cancións en galego e referencias á vida rural
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesibilidad
- Subtitulado