Camións retidos nas autovías pola neve | A Audiencia absolver a Cortabitarte polo accidente de Angrois | O pederasta máis buscado, detido na Coruña
23/01/2026 00:10:04Máis de 400 camions están detidos nos accesos a Galicia dende as autovías A-6 e A-52, a maioría na provincia de Zamora. Tamén hai vehículos de gran tonelaxe parados a altura de Pedrafita | A Audiencia da Coruña absolve o exdirector de Seguridade na Circulación de ADIF do accidente de Agrois. En cambio, mantén a condena ó maquinista | A policía detén en Meicende, na Coruña, a un dos dez fuxitivos máis buscados, o pederasta Daniel Vázquez Patiño. Vivía escondido nunha casa desta localidade, amparado pola súa parella. Unha sentenza condénarao a 23 anos de cadea por agresión sexual a menores | Desaloxado o edificio ocupado na rúa da Algalia no casco histórico de Santiago. A orde facíase efectiva, logo de que o xulgado rexeitara o recurso presentado pola asociación que ocupaba o inmoble
- Dirigido por
- Xan Touceda, Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesibilidad
- Subtitulado