Punto final as axudas ao transporte público | Galicia presentase en Fitur como “Refuxio climático natural“ | Simposio de biposia líquida en Santiago
23/01/2025 00:24:59Punto final aos billetes para viaxar de balde. As axudas do goberno central ao transporte público decaen ao quedar rexeitado no Congreso dos Deputados o chamado Decreto Ómnibus, que as incluía. Os bonos xa adquiridos poderanse seguir utilizando ata que remate a sua vixencia. A Xunta manterá as suas bonificacións | Galicia, Refuxio Climático natural, é a nova marca da oferta turística para atraer visitantes á nosa comunidade. Foi presentada na segunda xornada de Fitur, a Feira Internacional de Turismo que se celebra en Madrid, e na que tamén houbo protagonismo para Vigo, a cargo do seu alcalde | Mergulladores da Garda Civil inspeccionan o somerxible atopado na Costa da Morte, en busca de indicios de que fora empregado para o narcotráfico. En Vigo, zarpa con destino a Rusia o buque que fora interceptado por axentes en alta mar, despois de ser rexistrado sen atopar rastro de droga a bordo | Acelerar o acceso ás probas de biopsia líquida para tódolos pacientes que as precisen, igual que xa se fai en outros países. É o que reclaman os profesionais que se reunen en Santiago nun simposio internacional. A técnica, pouco invasiva, permite elexir mellor tratamentos personalizados en cancros avanzados
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesibilidad
- Subtitulado