Rexeitada a transferencia de Salvamento Marítimo | Delegación do Comité das Rexións, en Santiago | O Villa de Pitanxo inspira unha novela de intriga
21/10/2025 00:10:04O Salvamento Marítimo e a loita contra a contaminación mariña non serán competencia da Xunta. A maioría do Partido Popular rexeita no Parlamento a proposta do BNG apoiada polos socialistas para asumir a xestión desas materias | Reunión en Santiago, da delegación española no Comité Europeo das Rexións. Foi nunha xuntanza extraordinaria para visibilizar unha fronte común e salientar a importancia das administracións territoriais | A factura electrónica comezará a ser obrigatoria para os establecementos a partir de mediados do ano que vén, xunto coa nova regulación de envases. Uns cambios que moitos responsables de pequenos negocios din ser incapaces de asumir | A Garda Civil e Policía Nacional teñen en marcha una operación contra o narcotráfico en distintas localidades | Chega ás librarias 'El balanceo del Alacrán', de Eduardo Fernán-López. Unha novela negra ambientada no naufraxio do Villa de Pitanxo en augas de Canadá
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesibilidad
- Subtitulado