Telexornal Galicia 2    21-05-2025 - Telexornal - Galicia | Ver
Telexornal - Galicia  Telexornal Galicia 2 21-05-2025

Posible crime machista | Saúde mental a debate | Castelao na gran pantalla

21/05/2025 00:10:03
Recomendable para todos los públicos
Telexornal - Galicia - Telexornal Galicia 2    21-05-2025 Telexornal - Galicia - Telexornal Galicia 2    21-05-2025
Telexornal Galicia 2 21-05-2025 00:10:03 21/05/2025
Recomendable para todos los públicos Sub
Sinopsis

Alfonso Rueda recoñece que a saúde mental é un problema crecente na sociedade galega e que está aumentar a contratación de psicólogos. Responde así á pregunta de Ana Pontón de por que só investiu 33 dos 83 millóns previstos para saúde mental | Cuarta xornada de traballadoras de residencias privadas de maiores | Traballadores e pacientes do hospital de Burela piden a dimisión do xerente. O centro retirou unha pancarta de protesta pola falla de medios | A Garda Civil investiga as circunstancias polas que unha muller se precipitou dende a súa vivenda nun cuarto piso do Barco de Valdeorras. Investigan se se trata dun caso de violencia de xénero. Os veciños e veciñas concentráronse en apoio á vítima | Este venres chega aos cines 'Antes de Nós', a primeira película de ficción sobre a vida de Castelao | Polémica nos grandes festivais de música galegos pola súa posible vinculación cun fondo de investimento israelí. O Resurrection Fest condena o masacre que se vive en Gaza e nega que o festival se beneficie de cartos israelís. Os outros festivais que estarían vinculados -o Caudal Fest, O Morriña ou o Son do Camiño- ata o momento non se pronuncian | "Gaza: o eco dos esquecidos", mostra de fotoperiodismo sobre a situación na franxa, na sala de mostras da Deputación de Lugo

Ficha técnica
Dirigido por
Xan Touceda, Lois Docampo
Géneros
Información y actualidad
Idiomas
Castellano
Accesibilidad
Subtitulado