Os talleres, baixo mínimos por falta de persoal | Campaña da DGT para controlar o transporte escolar | Pontevedra, ao completo polos Premios Feroz
21/01/2025 00:24:58Os talleres mecánicos, baixo mínimos por falta de persoal. É a voz de alarma dos responsables dos establecementos, con tempos de espera que superan o mes para reparacións e que van en aumento. O sector, sen apenas remuda xeracional, conta actualmente cuns 20.000 profesionais, para un parque de máis de 2 millóns de vehículos, que figura entre os máis envellecidos de Europa | Campaña da Dirección xeral de tráfico para controlar as condicións do transporte escolar. Os axentes comproban se os autobuses contan coa documentación en regra e cumpren coa normativa en materia de seguridade. Tamén ca obriga de que os menores vaian acompañados de persoas cualificadas, logo de que na campaña anterior foran detectadas irregularidades en case a mitade dos vehículos inspeccionados | Acordo entre a multinación Alcoa, compañía enerxética Ignis e as administracións central e autonómica para asegurar o futuro da factoría de Alcoa en San Cibrao. Mostran interese en colaborar cos traballadores para reactivar as instalacións, e o Ministerio e a Xunta axilizarán os proxectos para baixar os custos da enerxía da planta | Hoteis reservados ao completo esta fin de semana en Pontevedra. E a espectación provocada pola gala dos premios Feroz, que entrega a Asociación de Informadores Cinematográficos. A cidade leva acollendo xa eventos relacionados co mundo da séptima arte. A ceremonia de entrega, que se celebra por primeira vez en Galicia, poderá ser vista a noite do sábado través de La 2 de TVE
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesibilidad
- Subtitulado