Prórroga na gratuidade no tren de Media Distancia | Presunta estafa nunha axencia de viaxes da Coruña | O auditorio de Lugo inagúrase oito anos...
20/12/2024 00:25:02Satisfacción entre os viaxeiros ao coñecer que o Goberno manterá as axudas ao transporte público ata xuño, cando contemplaba favorecer só a colectivos vulnerables a partir de xaneiro. A medida, que seguirá beneficiando a millóns de usuarios en todo o estado, afecta aos servizos de autobús e tren | Ingresan en prisión preventiva os propietarios da axencia de viaxes da Coruña acusados de vender billetes de avión que resultaron ser inexistentes. Calcúlase que os afectados, poderían ser uns 300, a meirande parte inmigrantes latinoamericanos que pretendían pasar o Nadal aos seus países de orixe | Dende hoxe están operativos en cinco instalacións hospitalarias, os centros de crise para atender agresións sexuais e casos de violencia de xénero. Funcionan as 24 horas e os sete días da semana, e ademáis de persoal médico contan con profesionais especializados para o acompañamento xurídico e psicolóxico das vítimas, xusto tras sufrir unha agresión | O edificio leva rematado dende hai oito anos, pero a falta de entendemento entre as administracións fixo que quedara pechado sen ningún uso ata agora. O Auditorio de Lugo, con capacidade para 900 espectadores, abre ao público esta noite, co nome do grupo Fuxan os Ventos, elixido por votación popular, e cunha actuación inaugural a cargo da soprano Ainhoa Arteta
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesibilidad
- Subtitulado