Caladoiro Gran Sol | Vacinación infantil | Cooperativa de alugueiro | Castelao na UNESCO
20/05/2025 00:10:02O sector pesqueiro valora o acordo entre a UE e o Reino Unido que garante a pesca no Gran Sol ata o ano 2038. Supón estabilidade e poder planificar investimentos a longo prazo | Agricultores e gandeiros galegos esixen máis orzamento para as PAC e un criterio de reparto uniforme | 71.000 traballadores e traballadoras en Galicia son inmigrantes. Entra en vigor o novo regulamento que introduce cambios nos visados, permisos de traballo, arraigamento e reagrupación familiar. As asociacións cren que introduce avances, pero que deixa atrás aos solicitantes de asilo | 224 cooperativistas deberían entrar nos seus pisos dentro dun ano e as obras aínda non empezaron | O SERGAS comezará a vacinar desde o vindeiro luns aos mozos de ata 21 anos contra o virus do papiloma humano | A biblioteca da UNESCO recibirá un exemplar orixinal do último discurso de Castelao, Alba de Gloria, co gallo do Día Mundial da Diversidade Lingüística | Chucho Valdés actuará en Vigo e A Coruña na súa xira europea co cuarteto que o acompaña. "Chucho Valdés Royal Quartet" presenta os temas do seu novo disco "Cuba AND BeYOND", nomeado aos premios Grammy deste ano
- Dirigido por
- Xan Touceda, Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesibilidad
- Subtitulado