Siareiro do Celta, apuñalado en Lyon | Dentistas galegos e portugueses, xntos pola saúde bucodental | Chega a primavera con altos niveis de polen
20/03/2026 00:10:02Un seareiro do Olympique de Lyon apuñala a un afeccionado do Celta durante unha pelexa despois do partido de oitavos de final da europa league. O ferido foi golpeado cunha táboa de madeira antes de recibir o golpe por arma branca, pero a súa vida non corre perigo. Segundo os medios franceses, o autor dos feitos xa está detido | O Goberno aproba medidas para frear a suba dos prezos pola guerra en Oriene Medio, que inclúen rebaixas fiscais e axudas para a gandería, a pesca, a agricultura, e o transporte, que terán unha bonificación de 20 céntimos nos carburantes | A Consellería de Sanidade e o sindicato O´Mega reuniránse o próximo luns para negociar un acordo que permita desconvocar a folga en atención primaria | No Día Mundial da Saúde Bucodental. Dentistas galegos e portugueses participan conxuntamente en actividades para previr aos escolares da importancia de frear patoloxías como a carie. 20-03-2026
- Dirigido por
- Xan Touceda, Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesibilidad
- Subtitulado