Telexornal Galicia 2    19-12-2024 - Telexornal - Galicia | Ver
Telexornal - Galicia  Telexornal Galicia 2 19-12-2024

Loito en Viveiro polo crime machista de Rejane | Aumento de prezos de marisco e peixe polo Nadal | Presentada en Vigo a primeira Comicteca

19/12/2024 00:25:03
Recomendable para todos los públicos
Telexornal - Galicia - Telexornal Galicia 2    19-12-2024 Telexornal - Galicia - Telexornal Galicia 2    19-12-2024
Telexornal Galicia 2 19-12-2024 00:25:03 19/12/2024
Recomendable para todos los públicos Sub
Sinopsis

Loito en Viveiro polo crime machista que custou a vida a Rejane, unha muller de orixe brasileira de 42 anos, presuntamente asasinada por Ramón, o home co que convivía, e que despois tentou suicidarse. Xa foi dado de alta e permanece detido, a espera de pasar a disposición xudicial | O aumento da demanda para o Nadal provoca estes días unha subida de prezos nos mercados, especialmente para determinados produtos como o marisco e peixes coma o rodaballo e o linguado. Tamén os percebes, que acadan os 200 euros e o camarón supera os 100. Os profesionais din que xa non paga a pena conxelar | A Asociación de Administracións de Lotarías advirte aos compradores dos riscos da tradición de compartir décimos polo Nadal. Din que para evitar malentendidos e conflitos legais convén deixar contancia nun documento privado, indicando con quen se comparte e a cantidade que xoga cada un. A partir dos 2.000 euros os premios deben ser cobrados a través do banco | En Vigo presentouse hoxe a Comicteca, unha biblioteca especializada en banda deseñada que arranca cun fondo de mil cincocentos exemplares. Un espazo pioneiro creado a partir das doazóns de dous expertos, para empregar a linguaxe do cómic como ferramenta de aprendizaxe. Estará dispoñible para consulta e préstamo na Biblioteca de Afundación

Ficha técnica
Géneros
Información y actualidad
Idiomas
Castellano
Accesibilidad
Subtitulado