Rexurdimento inmobiliario | Hemofilia B | Cela e as mulleres
19/06/2025 00:10:04Salientable movemento do mercado inmobiliario en Galicia por riba da media de España, cun incremento no mes de abril de case un 17% respecto ao mesmo mes do ano pasado | A ministra de Vivenda estivo hoxe en Santiago onde reiterou a oferta á Xunta de cofinanciar o Plan estatal de Vivenda protexida. Isabel Rodríguez non se reuniu con Alfonso Rueda, que onte se abría á proposta, pero si coa conselleira de vivenda que se amosou de acordo coa iniciativa | Un paciente do hospital Álvaro Cunqueiro é o primeiro de España en recibir terapia xénica para tratar a hemofilia B, a menos frecuente. O medicamento, un dos máis caros no mundo, rolda os dous millóns de euros e permite reducir a unha dose as inxeccións regulares coas que se controla a enfermidade | A Xunta comprométese a renovar o sistema de climatización da residencia de maiores DomusVi de Santiago despois de que o sindicato USO denunciara a situación de usuarios e profesionais no centro estes días soportando temperaturas superiores aos 30 graos | Dúbidas sobre a viabilidade do acordo entre Alcoa e IGNIS. Sindicatos revelan que a enerxética non ten empregados e dedícase ao cultivo de pistachos | Estrella Galicia abre a que será a maior fábrica de cervexa de España e unha das cinco máis grandes do continente europeo. Inaugurada hoxe a primeira fase en Arteixo , as novas instalacións xeran 125 empregos, e cando estea finalizada superarán os 600 traballos directos e os dez mil indirectos | O Tribunal Supremo condena aos Franco a devolverlle ao Concello de Santiago dúas esculturas do Mestre Mateo -as imaxes de Abraham e Isaac-, que formaban parte do Pórtico da Gloria da Catedral | Como era a relación de Camilo José Cela coas mulleres? Unha mostra de Santiago aborda esta cuestión a través de documentos que reflicten o seu trato con escritoras e artistas da súa época
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesibilidad
- Subtitulado