Telexornal Galicia 2    19-03-2025 - Telexornal - Galicia | Ver
Telexornal - Galicia  Telexornal Galicia 2 19-03-2025

O rexeitamento a Altri salta de nivel | Reorganización eclesiástica na provincia de Ourense | Día dos artesáns

19/03/2025 00:25:06
Recomendable para todos los públicos
Telexornal - Galicia - Telexornal Galicia 2    19-03-2025 Telexornal - Galicia - Telexornal Galicia 2    19-03-2025
Telexornal Galicia 2 19-03-2025 00:25:06 19/03/2025
Recomendable para todos los públicos Sub
Sinopsis

Alfonso Rueda di que non é viable acoller 326 menores inmigrantes en Galicia; que as nosas prazas para atender menores están "colmadas" e que o reparto ten que facerse de xeito máis programado e organizado. A oposición e organizacións acusan ao goberno galego de facer un uso político deste problema | A batalla política por Altri chega á sesión de control ao Goberno no Congreso. O BNG avisa de que a concesión de 250 millóns de fondos públicos para o proxecto é unha liña vermella que pode condicionar a relación futura do Goberno coa súa formación. O ministro de Industria ve a declaración ambiental da Xunta 'moi condicionada', e desvincúlaa das axudas que -asegura- aínda están avaliando | Xuntanza da mesa de seguemento de Alcoa hoxe en Madrid. Xunta e goberno central fan unha valoración positiva de cara ao futuro da planta de San Cibrao. O comité de empresa considera que a situación é semellante a cando Alcoa presentou o ERE en 2020 | A Cámara Oficial Mineira promove a investigación do territorio para situar Galicia como potencia extractora. Hai indicios de terras raras na Ría de Vigo | Dende hoxe quedan prohibidas as queimas agrícolas e forestais para particulares pola situación meteorolóxica | A conselleira de Política Social defende aos directivos do sistema público de residencias de maiores, tras as recentes protestas de diversos centros que denuncian psiquiatrización das unidades e falla de medios | Terceira condena ao Concello de Ourense e a Gonzalo Pérez Jácome por acoso laboral | No día do pai miramos pra esas persoas ás que lle falta a figura paterna e cómo lles afecta un día como hoxe. Máis do 10 % das familias galegas son monoparentais | A escaseza de sacerdotes obriga á diocese de Ourense a unha drástica reforma da súa organización. | Hoxe tamén é o día dos artesáns e estivemos con algunhas das poucas produtoras de sombreiros sancosmeiros | "O ouro dos Akan" é a exposición que se pode contemplar ata mediados de xullo na Fundación Barrié da Coruña.

Ficha técnica
Géneros
Información y actualidad
Idiomas
Castellano
Accesibilidad
Subtitulado