Catro persoas feridas nun incendio en Ferrol | O Supremo decide sobre a propiedade do Pazo de Meirás | O Cebreiro amence tinguido de branco
19/02/2026 00:09:43Catro persoas feridas, duas delas graves, no incendio dunha vivenda no barrio de Recemil, en Ferrol. Os afectados son un bombeiro, unha muller de 24 anos, o seu fillo de tres e un veciño que estaba no piso | O Tribunal Supremo decide HOXE sobre a propiedade do Pazo de Meirás. Se pertence ao Estado, tal como ditaminaron as sentenzas do xulgado de primeira instancia e da Audiencia da Coruña ou á familia Franco| Os médicos protagonizan unha nova xornada de folga, a cuarta nesta semana. E volveron concentrarse diante de centros de saúde e hospitais para esixir ao Ministerio un estatuto propio. A Consellería de Sanidade di que se cancelaron xa máis de 25.000 procedementos | O Cebreiro volveu amencer tinguido de branco. A consecución das borrascas que levamos dende finais do ano pasado deixaron moita neve nas montañas lucenses. Iso si, esta última nevarada foi menos intensa e non afectou á circulación por estrada. 19-02-2026
- Dirigido por
- Xan Touceda, Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesibilidad
- Subtitulado