Aumenta a presións asistencial pola gripe | O prezo do marisco dispárase | Crise no PSdeG polo caso Tomé| Colapso nas citas para empadroarse en Vigo
18/12/2025 00:10:03A incidencia da gripe fai aumentar a presión asistencial nos hospitais, xa sobrecargados pola folga da semana pasada, e que empezan a reprogramar intervencións cirúrxicas| No PSdeG continúa a convulsión interna a consecuencia do caso Tomé. O alcalde de Ares lanza duras críticas e pediu dimisións en bloque na dirección do partido | O persoal dos centros comerciais e grandes distribuidores denuncia sobrecarga de traballo, falla de descanso e non poder conciliar porque as súas empresas non contratan suficientes reforzos para a repunta de actividade destas datas | Queda menos dunha semana para Noiteboa e o prezo do marisco dispárase nos percados. A escaseza dalgúns produtos como é o caso do percebe, ameixa ou a vieira, fai disparar os prezos que se espera sigan subindo ao longo da próxima semana | En Vigo, o colapso administrativo do Concello obriga a moitos usuarios a pasar a noite á intemperie para poder obter unha cita no padrón
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesibilidad
- Subtitulado