Rueda estreita lazos Andalucía | Novos colectivos e accións de protesta contra a celulosa de Altri | O novo libro de Sibila Freijo
18/03/2025 00:25:02Alfonso Rueda acorda co seu homólogo de Andalucía, Juanma Moreno, compartir software para mellorar a Formación Profesional. Ambos presidentes rexeitan o plan do Goberno do Estado para o reparto, entre as diferentes Comunidades Autónomas, dos migrantes menores agora acollidos en Canarias | Máis accións contra a construcción da fábrica de celulosas de Altri. Este martes os alcaldes da Mancomunidade Barbanza Arousa amosaron o seu rexeitamento ao proxecto en bloque. En Vigo, grupos ecoloxistas manifestáronse no edificio da Xunta e 100 persoas queren personarse como afectados polo proxecto | O pesqueiro Pico TresMares, con base no porto lucense de Celeiro, afundiu na a pasada madrugada no Pacífico, cando faenaba a mil millas de Chile. Os 19 tripulantes, algúns galegos, están en bo estado | Investigan a morte dun buzo que sufriu un paro cardiaco mentres recollía navalla no Grove. Segundo as primeiras informacións, tería quedado varios minutos sen recibir aire ao producirse un problema ba botella de oxíxeno |Do 1 de abril ata o 30 de xuño non se poderá capturar polbo en Galicia. É o acordado entre Xunta e o sector para recuperar a especie. Estamos ante a maior escaseza en 25 anos. Haberá axudas económicas a cargo do Fondo Europeo Marítimo para os mariñeiros | As tecnoloxías están a modificar o mercado laboral e mesmo a proxección profesional das persoas. Isto e a xestión do talento son algúns dos temas que debatidos en Santiago nun foro con responsables de recursos humanos de máis de 100 empresas galegas | Que sucede cando o teu carné de identidade e o espello din que tes cincuenta anos, pero ti segues sentíndote como a moza de sempre? A escritora e xornalista coruñesa Sibila Freijo presenta a súa nova novela. A primeira ficción que trata, sen tópicos, a menopausia e o desconcerto que provoca a entrada na madurez
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesibilidad
- Subtitulado