Aumenta a presión sobre Besteiro polo caso Tomé | Arranca a campaña da vieira máis curta | Sirat, precandidata para os Oscar en cinco categorías
17/12/2025 00:10:03A guerra interna no PSdeG continúa a consecuencia das denuncias de acoso sexual. O Secretario Xeral, Gómez Besteiro. Anuncia accións legais contra o programa de televisión que o acusa de desatender ás denunciantes do Caso Tomé | A só unha semana para o Nadal, este ano escasea un dos mariscos por excelencia: a vieira fresca. Na ría de Arousa arrancou hoxe unha campaña que será a máis curta dos últimos tempos | Cadaleitos, candeas, flores e vestimenta de loito para simular a morte e enterro da educación pública. Docentes de toda Galicia reclamaron así polas rúas de Santiago unha baixada de ratios ou máis profesorado para atender a diversidade | A película Sirat, do galego Oliver Laxe, pasa o primeiro corte na carreira para os Oscar. É precandidata aos premios de Hollywood en cinco categorías | 20.000 rosas LED iluminan o xardín do pazo de San Lourenzo en Santiago. É un proxecto solidario da fundación Andrea para nenos con enfermidades de longa duración, que está correndo polas redes sociais
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesibilidad
- Subtitulado