Mobilizacións contra a macrocelulosa Altri | Case 30.000 islamistas celebran o Ramadán en Galicia | O Celta xa pode soñar con Europa
17/03/2025 00:25:01A Xunta activa un fondo de 5 millóns de euros en avais para mercar a primeira vivenda. O Consello da Xunta tamén aprobou o plan director da automoción con axudas tanto á produción como á renovación de vehículos privados | As plataformas contra a macrocelulosa de Altri pretenden tumbar o proxecto por presión social. Anunciadas mobilizaciós por terra e por mar | Os propietarios de montes facturaron 285 millóns de euros pola venda de madeira | Investigan a causa dun accidente de tráfico en Ribadumia con tres vehículos involucrados. Faleceu unha muller de 89 anos | As traballadoras de residencias de maiores privadas e concertadas en Galicia requiren a intervención da Consellería de Política Social na renovación do convenio. Denuncian a psiquiatrización destes centros e falla de persoal. Anuncian mobilizacións | O Tribunal Superior de Xustiza confirma a condena de 11 anos de cadea a un home por tentar matar á súa exparella en Pontevedra | Marzo é o mes de purificación para os islamistas. Preto de 30.000 persoas celebran o Ramadán en Galicia | O Celta segue en racha, afástase do risco de descenso e abre a porta a prazas europeas | ‘Ritos e rituais de inverno', unha exposición sobre as máscaras de Entroido. Pode visitarse ata o 5 de maio no Vello Cárcere de Lugo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesibilidad
- Subtitulado