Telexornal Galicia 2    16-01-2026 - Telexornal - Galicia | Ver
Telexornal - Galicia  Telexornal Galicia 2 16-01-2026

Gandeiros e agricultores marchan contra o Mercosur | Sen servizos mínimos na folga do transporte | Inditex pecha a primeira tenda de Zara na Coruña

16/01/2026 00:10:04
Recomendable para todos los públicos
Telexornal - Galicia - Telexornal Galicia 2    16-01-2026 Telexornal - Galicia - Telexornal Galicia 2    16-01-2026
Telexornal Galicia 2 16-01-2026 00:10:04 16/01/2026
Recomendable para todos los públicos Sub
Sinopsis

Produtores de carne, leite e hortalizas, marchan, de novo, en Lugo. Piden un posicionamento máis contundente dos políticos galegos contra o acordo da UE co Mercosur | Nova xornada de folga no transporte por estrada da provincia da Coruña, que en Santiago afecta ademáis aos buses urbanos. Os usuarios quéixanse de que os condutores non están cumprindo os servizos mínimos | A familia de Diego Bello, o mozo coruñés asasinado en Filipinas hai seis anos, prestou declaración nunha vista que se acaba de celebrar en Manila | A Consellería de Sanidade presenta un plan co que pretende eliminar as infeccións de transmisión sexual como problema de saúde pública en Galicia daquí a 2030 | Inditex pecha a histórica tenda Zara na rúa Juan Florez, a que supuxo o xerme do xigante textil. Logo de 50 anos aberto. O establecemento levaba dende maio como espazo conmemorativo do aniversario.

Ficha técnica
Dirigido por
Xan Touceda, Lois Docampo
Géneros
Información y actualidad
Idiomas
Castellano
Accesibilidad
Subtitulado