Semana Santa condicionada polo tempo | ‘Estilo Galicia’, novo lema da Xunta | Veto ao palangre sen fundamento | Vigonature, vida animal
15/04/2025 00:25:09'Estilo Galicia' é o novo lema da Xunta inspirado no 'Galicia calidade'. Alfonso Rueda deuno a coñecer na celebración cos conselleiros polo primeiro ano do equipo no Goberno galego. Durante ese festexo, a Xunta de Portavoces concretaba no Parlamento a data para o debate de autonomía, verdadeiro exame para o Goberno galego, segundo BNG e PSdeG. Será os días 23 e 25 de abril | Malestar entre as ANPAs Galegas pola indicación da consellería de Educación de permitir que se matriculen ata 25 alumnos por aula en sexto de Infantil e na Educación Primaria | A Xunta destinará máis de 17 millóns de euros en axudas para o material escolar do vindeiro curso. A repartición dependerá dos ingresos dos pais e das necesidades dos fillos. Estiman que 7 de cada 10 alumnos recibirán esta axuda | Condena de 15 anos prisión a un home por agredir sexualmente da filla da súa parella de 11 anos de idade. Facíao de forma continuada baixo ameazas | O Sergas e Segurcaixa Adeslas deberán pagar máis de medio millón de euros por unha neglixencia nunha cirurxía a un bebé | Bruxelas admite que descoñece o efecto da pesca do palangre no medioambiente, pero mantén o veto que impuxo hai dous anos e medio en 87 zonas comunitarias. Tampouco cumpre o compromiso de revisar anualmente o peche deses espazos | Primeira decisión da Xunta tras o traspaso de competencias: haberá un único procedemento para solicitar os permisos administrativos no litoral | O faro de Silleiro convértese en hotel | A inestabilidade meteorolóxica trastoca moitos plans de Semana Santa. Procesións relixiosas que non poden saír e hoteis que seguen a recibir cancelacións. Os que gozan dos días de descanso, tentan adaptarse ao que permite o tempo | Balance dos estragos en Lugo pola borrasca ‘Oliver’ | Organizacións ecoloxistas e comunidades de montes piden á Xunta unha moratoria ‘real e indefinida’ na plantación de eucaliptos | A asociación para a Conservación e Estudo do Lobo Ibérico rexistra un recurso de alzada contra a resolución da Xunta publicada a semana pasada pola que autoriza a caza deste animal durante todo o ano| O antigo zoo municipal de Vigo, creado hai máis de cincuenta anos, é agora Vigonature, centro de divulgación ambiental e acollida de animais acorde aos dereitos dos animais dos nosos días | Luz verde da Xunta á cidade deportiva do Celta en Mos | O Pazo de Lourizán, en Pontevedra, Ben de Interese Cultural | Primer concerto de Joseph Keckler en España, no salón de actos do museo MARCO de Vigo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesibilidad
- Subtitulado