Aumenta o seguemento da folga de médicos | O IPC remata 2025 cunha suba do 2´6% | Plan da Xunta para o uso responsable das tecnoloxías por menores
15/01/2026 00:10:03Aumenta o seguemento na segunda e última xornada da folga de médicos convocada esta semana a nivel nacional para reclamarlle ao Ministerio de Sanidade un estatuto propio. Un paro que, advirten, podería endurecerse a partir de febrero | O virus respiratorio sincitial segue aumentando na nosa comunidade. Os últimos datos da consellería de sanidade indican que a taxa de positividade supera o 8% | Hoxe coñecemos as cifras de doazóns do ano 2025 e aumentan tanto o número de doantes como o número de transplantes. 429 persoas tiveron o ano pasado unha segunda oportunidade | Galicia pechou o 2025 cunha inflación do 2,6%, tres décimas por debaixo da media nacional. A esa contención axudou que non se encareceu nin o turismo nin os carburantes e malia a suba do prezo dos alimentos, sobre todo dos ovos e a carne | A Xunta presenta Un plan contra o uso inadecuado das novas tecnoloxías en menores. Son 51 actuacións establecidas en cinco eixos enfocados na prevención, na información, na concienciación e na formación
- Dirigido por
- Xan Touceda, Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesibilidad
- Subtitulado