Caso ‘Koldo’ en Galicia | Proceso xudicial inédito | ‘El último de la fila’
13/06/2025 00:10:04Unhas obras de renovación da liña de tren entre Lugo e Monforte están baixo a lupa da Unidade Central Operativa da Garda Civil. Os axentes sospeitan que o exasesor Koldo García tentou influír na adxudicación realizada por un millón catrocentos mil euros | O Tribunal Superior de Xustiza aborda a contaminación do encoro das Conchas en Ourense por unha denuncia sen precedentes: cidadáns que acusan ás administracións por inacción en prexuízo de dereitos fundamentais | Prisión comunicada e sen fianza para o monitor de prácticas da piscina municipal de Marín por presunta agresión sexual a 6 menores | Dereito a Morrer Dignamente denuncian fallas que impiden dar cumprimento á vontade da persoa | Nova edición do Arde Lucus, o festexo baseado na loita entre romanos e castrexos que convoca milleiros de persoas cada ano | Os concertos no monte do gozo van nesta edición pasados por auga... pero a choiva non desanima. Tralo cheo de onte nova xornada de música, esta tarde con artistas como Keisi Ou, Bad Gyal, Juan Magán ou Amaia | Esperado regreso de ‘El último de la fila’ esta noite na Coruña
- Dirigido por
- Xan Touceda, Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesibilidad
- Subtitulado