Auto de procesamento polo naufraxio do Villa de Pitanxo | O IPC sube o 1´9% en xaneiro | Máis de 7.000 incidencias polos temporais no último mes
13/02/2026 00:10:02O Xuíz da Audiencia Nacional Ismael Moreno propón xuzgar ao capitán do Villa de Pitanxo e a dous directivos da empresa armadora, pola sua presunta responsabilidade no naufraxio. Nunha resolución que acabamos de coñecer, o maxistrados atribúelles 21 delictos de homicidio dos tripulantes que perderon a vida | O IPC frea a escalada en xaneiro, e descende catro décimas en Galicia, o que sitúa o índice interanual no 1´9 por cento. Os productos de roupa e calzado experimentan un descenso de prezos mentres as maiores subas son en vivenda e alimentos | A Xunta eleva a máis de 7.000 as incidencias provocadas durante o último mes polos fenómenos meteorolóxicos adversos. Di que os servizos de emerxencias reforzan os plans de prevención, con cerca de 300 litros por metro cadrado acumulados | O Celta xoga esta fin de semana contra o Español, fóra da casa, e o Deportivo masculino viaxa tamén, a Castellón, en plena loita polos postos de ascenso. Mentres o Depor feminino recibe en Riazor ó Sevilla. Necesitan as de Fran Alonso regularidade porque goles xa os marcan
- Dirigido por
- Xan Touceda, Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesibilidad
- Subtitulado