Telexornal Galicia 2 13-02-2025 - Telexornal - Galicia | Ver
Telexornal - Galicia  Telexornal Galicia 2 13-02-2025

Operación en Cangas contra o tráfico de Rivotril | O 90% dos universitarios atopa traballo antes de cinco anos | RNE en Vigo, no Día da Radio

13/02/2025 00:23:03
Recomendable para todos los públicos
Telexornal - Galicia - Telexornal Galicia 2 13-02-2025 Telexornal - Galicia - Telexornal Galicia 2 13-02-2025
Telexornal Galicia 2 13-02-2025 00:23:03 13/02/2025
Recomendable para todos los públicos Sub
Sinopsis

Operación da Garda Civil en Cangas contra unha rede de tráfico de Rivotril, un medicamento ansiolítico que se emprega para fabricar unha droga de uso crecente entre a mocidade. Hai unha persoa detida e outras 15 están investigadas, entre elas, tres médicos do Sergas e persoal de varias farmacias | A Fiscalía chama a tratar coa máxima contundencia as agresións a médicos e persoal sanitario, logo do ocorrido a semana pasada nas Urxencias do CHUAC. Uns ataques que deben ser considerados como delitos de atentado, ao producirse contra funcionarios públicos no exercicio das súas funcións. Así o indicou o fiscal superior de Galicia nunha xuntanza co Conselleiro de Sanidade | Máis do 90 por cento dos alumnos graduados nas tres universidades galegas atopan traballo antes de cinco anos. Son datos dun informe da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario, que indican que a inserción laboral dos universitarios aumentou 30 puntos na última década. O tempo medio para atopar emprego está en seis meses e medio e un 75 % faino en menos dun ano | No Día Mundial da Radio, estivemos cos nosos compañeiros de Radio Nacional de España en Vigo, no centro educativo Seis do Nadal, destacado polo uso deste medio para a preservación do patrimonio cultural, e para o desenvolvemento persoal dos alumnos.Un medio dispoñible as 24 horas do día con oferta para todos os gustos. 13-02-2025

Ficha técnica
Géneros
Información y actualidad
Idiomas
Castellano
Accesibilidad
Subtitulado