Telexornal Galicia 2    12-11-2024 - Telexornal - Galicia | Ver
Telexornal - Galicia  Telexornal Galicia 2 12-11-2024

Crime na praza de Abastos de Santiago | Desaloxo policial dun edificio “okupado” en Ribeira | A radio cumpre 100 anos de emisión en España |

12/11/2024 00:02:01
Recomendable para todos los públicos
Telexornal - Galicia - Telexornal Galicia 2    12-11-2024 Telexornal - Galicia - Telexornal Galicia 2    12-11-2024
Telexornal Galicia 2 12-11-2024 00:02:01 12/11/2024
Recomendable para todos los públicos Sub
Sinopsis

Detidos xa os tres presuntos implicados na morte do carniceiro Antonio Costa, ocorrida na praza de Abastos de Santiago, a primeira hora da mañá. As hipóteses da investigación apuntan a que, no transcurso dunha liorta, A vítima, recibíu un forte golpe na cabeza cunha barra de ferro | Efectivos da Policía Nacional desaloxan un edificio que albergaba a un grupo de 14 okupas, no centro de Ribeira. Segundo os veciños, os residentes levaban cinco anos instalados en 18 vivendas, pertencentes a SAREB. O abandono tivo lugar sen incidentes | Os colexios de farmacéuticos advirten da crecente demanda entre menores de medicamentos como laxantes, diuréticos ou complementos alimentarios. Utilízanos pra adelgazar ou modificar a dieta. Din que os trastornos relacionados coa alimentación afectan xa a un 5 por cento dos adolescentes | As emisións de radio en España cumpren 100 anos. Para celebralo, recollemos o testemuño de locutores históricos de RNE en Galicia: Antón Luaces, Moncho Viña e Ricardo Sandoval. Lendas vivas da historia deste medio informativo. Dende cando era case artesanal ata as novas tecnoloxías que imperan na actualidade

Ficha técnica
Dirigido por
Xan Touceda, Lois Docampo
Géneros
Información y actualidad
Idiomas
Castellano
Accesibilidad
Subtitulado