O 8M tensa a sesión de control ao Goberno | Investigación fronte a posibles novas pandemias | Falamos con Encarna Alonso, Mestre Mateo de Honra
12/03/2025 00:25:02Duro enfrontamento no Parlamento entre o Presidente Alfonso Rueda e a líder nacionalista Ana Pontón con acusacións cruzadas de discriminar en cuestións de igualdade. Os socialistas insistiron en que se acepte a quita da débeda | Inditex logra en 2024 un beneficio de case seis mil millóns de euros, un 9 % máis respecto a ano anterior. As vendas subiron tanto no comercio por internet como nas tendas físicas. Pese a estes resultados, Inditex caía esta mañá na bolsa case un 8 % | Drons de última tecnoloxía sobrevoarán durante as próximas semanas a ría de Pontevedra. Forman parte do proxecto Marisdrone, financiado pola Xunta con fondos europeos, para mapear os bancos marisqueiros da zona | Os científicos cren que agora estamos mellor preparados para afrontar una pandemia, pero que aínda hai moitas asignaturas pendentes. As investigación continúan | O novo alcalde de Lugo Miguel Fernández presidiu a súa primeira xunta dun goberno local. Terceiro ao frente do concello en pouco máis dun ano, tentará concluír os proxectos iniciados e afondar no sentimento de orgullo lugués | Este sábado entréganse os Premios Mestre Mateo. Na gala en Lalín, subirá a recoller o Premio de Honra Encarna Alonso, a primeira muller cun rol de control no audiovisual en Galicia. O premio recoñece 40 anos de traballo detrás das cámaras e a súa ampla traxectoria no cinema e na televisión
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesibilidad
- Subtitulado