Telexornal Galicia 2    12-02-2026 - Telexornal - Galicia | Ver
Telexornal - Galicia  Telexornal Galicia 2 12-02-2026

Falece Xesús Alonso Montero | Incendio na comisaría de Santiago | 800 incidencias ao paso da borrasca Nils | Xoves de comadres e compadres en Ourense

12/02/2026 00:10:01
Recomendable para todos los públicos
Telexornal - Galicia - Telexornal Galicia 2    12-02-2026 Telexornal - Galicia - Telexornal Galicia 2    12-02-2026
Telexornal Galicia 2 12-02-2026 00:10:01 12/02/2026
Recomendable para todos los públicos Sub
Sinopsis

Loito no mundo da cultura polo falecemento, hoxe, en Vigo, de Xesús Alonso Montero, aos 97 anos. Unha das principais figuras na investigación da lingua e a literatura galega | Estradas cortadas debido a caída de pólas e árbores, accidentes de tráfico, acumulación de auga en rúas... O paso da borrasca Nils deixa case 800 incidencias en Galicia relacionadas coa meteoroloxía adversa, especialmente o vento que deixou refachos de máis de 135 km por hora en Vimianzo e por riba dos 130 en puntos de Pontevedra | Nils e a máis recente, pero antes chegaron Marta, Leonardo, Goretti, Kristin, Joseph e Harry. Un mes baixo a sucesión de borrascas que a moitos lles comeza a afectar ao estado de ánimo. Os psicólogos advirten que en épocas coma esta é preciso prestar un especial coidado á nosa saúde mental | A Praza Maior de Ourense volveu acoller hoxe, nunha soa xornada, a celebración escolar dos xoves de compadres e comadres. A rivalidade ancestral entre sexos represéntase mediante carreiras para estragar ou salvar os bonecos que simbolizan a homes e mulleres

Ficha técnica
Dirigido por
Xan Touceda, Lois Docampo
Géneros
Información y actualidad
Idiomas
Castellano
Accesibilidad
Subtitulado