A primeira fragata F-110, lista para botadura | Plan de choque para zonas afectadas polo lume | Conferencia Mundial do Atún, en Vigo
11/09/2025 00:10:02A primeira fragata da serie F 110, encargada pola Armada española a Navantia en Ferrol, lista para o bautismo de mar. A ministra de defensa comproba que todo está a punto para a botadura, que terá lugar esta tarde nun acto que será amadriñado pola raíña Sofía e coa asistencia do presidente do Goberno Pedro Sanchez | A Confederación Hidrográfica Miño Sil pon en marcha un plan de actuación para frear o arrastre das cinzas dos incendios, dotado con 3 millons de euros. Priorizará zonas próximas ás captacións de abastecemento e zonas con risco de inundación. Hoxe supervisaron os primeiros traballos | A Vendima avanza con 38 millóns de quilos de uva recollidos nas denominacións de orixe Rías Baixas, O Ribeiro e Valdeorras. Os prezos baixan respecto a o ano pasado especialmente nas variedades tintas pola caída da demanda | A industria conserveira defende que comer atún é seguro e saudable. Consideran desproporcionado que París e outras seis cidades francesas prohibiran o atún nos comedores escolares. A seguridade alimentaria é un dos temas que aborda dende hoxe en Vigo a Conferencia Mundial do atún|
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesibilidad
- Subtitulado