Pleno da Xunta | Absentismo laboral | ‘O Son do Camiño’
11/06/2025 00:10:03O comportamento do Presidente da Xunta, Alfonso Rueda trala dimisión de Alfonso Villares, investigado nun posible caso de violencia de xénero, centrou a sesión de control ao Goberno. Debateuse se co seu apoio ao exconselleiro, Rueda deu amparo a un presunto agresor sexual desprotexendo á vítima | Galicia despunta en absentismo laboral respecto a media de España; pérdense máis do 7% das xornadas laborais ao ano, cun elevado custo no noso produto interior bruto | Novas agresións a persoal sanitario na área Coruña-Cee | | A Xustiza europea desestima os recursos contra o veto á pesca de arrastre | O Tribunal Superior de Galicia paraliza cautelarmente o réxime de xestión do lobo aprobado pola Xunta | Últimos preparativos para o Arde Lucus -con máis de 300 actividades programadas- e ‘O Son do Camiño’, que acollerá unhas 42.000 persoas por día | A Cantante Rosario Flores elixe a Coruña para presentar o seu novo disco, 'Universo de Ley'. Será en directo, nun concerto programado para o 13 de decembro
- Dirigido por
- Xan Touceda, Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesibilidad
- Subtitulado