Telexornal Galicia 2   11-06-2024 | Ver
Telexornal - Galicia  Telexornal Galicia 2 11-06-2024

Activistas pro Palestina ocupan o Reitorado da USC | Debate no Congreso da transferencia da AP-9 | | A Sibila de Velazquez, en Lugo

11/06/2024 00:25:01
Recomendable para todos los públicos
Telexornal - Galicia - Telexornal Galicia 2   11-06-2024 Telexornal - Galicia - Telexornal Galicia 2   11-06-2024
Telexornal Galicia 2 11-06-2024 00:25:01 11/06/2024
Recomendable para todos los públicos Sub
Sinopsis

Ocupación da sede do Reitorado da Universidade de Santiago, na praza do Obradoiro, por un grupo de activistas en favor de Palestina. Impiden a entrada do persoal ao edificio e Exixen que a USC rompa calquer vínculo con Israel. O reitor asegura que está colaborando coas forzas de seguridade e non se descarta un posible desaloxo | O Congreso dos Deputados acolle o debate de toma en consideración da transferencia da Autoestrada do Atlántico, proposta dende o Parlamento de Galicia por unanimidade. É unha iniciativa que chega por cuarta vez á Cámara, coa intención de conseguir rebaixar as peaxes e cambiar as condicións da concesión a Audasa | O Cancro de próstata causa medio milleiro de mortes cada ano en Galicia. Para a sua detección precoz, o Sergas pon en marcha un cribado para detección de cancro de próstata en varon entre 50 e 69 anos. Comenza a próxima semana na área de Ferrol e unha vez comprobado o seu funcionamento poderá ampliarse ao resto de Galicia | No museo de Lugo xa se pode visitar, dende hoxe, un cadro orixinal de Diego de Velázquez. É A Sibila, unha enigmática figura de perfil, que pertence ao período de mocidade do pintor sevillano, e que por primeira vez viaxa a Galicia. Forma parte dunha iniciativa do Museo do Prado para levar obras mestras por toda a xeografía española

Ficha técnica
Géneros
Información y actualidad
Idiomas
Castellano
Accesibilidad
Subtitulado