Ás portas da Semana Santa | Queixas á Valedora do Pobo | Reparación a familiares de represaliados | O galego experto en atopar obras de Quevedo
11/04/2025 00:25:00As reservas de turismo para a Semana Santa baixan ata un 30 % polos pronósticos do tempo. Prevense máis de dous millóns de desprazamentos no noroeste. Nunca houbo tantas ofertas de tren en Galicia: 28:000 | Encontro de Alfonso Rueda co presidente de Asturias para estreitar lazos con esa comunidade. Coinciden no debate do financiamento e o reto da perda de poboación. As discrepancias asoman en eidos como a quita da débeda e as políticas de vivienda, especialmente en canto á protección aos propietarios | A intermodal de Santiago estará terminada en maio | BNG e PSdeG piden á Xunta unha estratexia para axudar ao sector vitivinícola fronte aos aranceis de Trump | Unha de cada catro queixas recibidas na Valedora do Pobo son por mor da atención sanitaria. Primeiro encontro desta institución co conselleiro Antonio Gómez Caamaño | Acto de reparación a familiares de represaliados na Guerra Civil. Os restos mortais recuperados nunha fosa común de Bértoa, Carballo, foron entregados este mediodía aos seus descendentes. A partir de agora poderán velalos no cemiterio de San Pedro de Visma da Coruña | Bloque dunha conta bancaria en Vigo por requirimento da policía de EE.UU. O motivo: unha ciberestafa de 200.000 euros a unha multinacional. A xustiza investiga quen abriu a conta, e se houbo suplantación de identidade | Ciberdelincuentes piratean o móbil do alcalde de Boqueixón e piden diñeiro dende o seu número á veciñanza. O concello pide á cidadanía que ignoren as mensaxes e non fagan ningún tipo de envío económico | Catro séculos despois de ser escrito, un profesor da universidade de Santiago atopa, cun colega de Huelva, un manuscrito de Quevedo. Está custodiado en París e non deixa dúbida das malas relacións do célebre escritor co Duque de Olivares. O curioso, é que é a segunda vez que o galego atopa por casualidade un texto do célebre autor do Século de Ouro | Doblete do dine galego nas candidaturas ao festival de Cannes. Competirán pola Palma de Ouro o filme "Sirat", do director galego Oliver Laxe , e "Romería", película da catalana Carla Simón, rodada en Vigo | Galicia ten estes días as cerdeiras en plena floración
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesibilidad
- Subtitulado