Nova lei da RTVG | Os montes do Barbanza, ‘laboratorio medioambiental’ | O último álbum de Fabio Álvarez bebe da cultura nipona
11/03/2025 00:25:01O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a nova lei de medios audiovisuais públicos de Galicia, que regulará a CRTVG. A norma saíu adiante cos votos da maioría parlamentaria do PP. A oposición rexeita a norma por considerala una ferramenta de manipulación | A falla de material de protección foi un dos grandes problemas ao inicio da pandemia do coronavirus. 5 anos despois, TVE visita en Negreira a plataforma loxística do Sergas, centro neurálxico para o almacenamento, compra e distribución de materiais sanitarios e de protección en Galicia | As comunidades de montes do Barbanza están a implementar prácticas sostibles para evitar incendios e facer do bosque un recurso a longo prazo. Son proxectos piloto en colaboración como o uso do gando caprino para a limpeza do mato ferraxe ou os residuos naturais do mar como fertilizante para castiñeiros | O Consello da Cultura Galega pon a disposición do público 231 cartas recibidas polo premio nobel Camilo José Cela; conversas que o autor mantiña con escritores ou intelectuais significativos da cultura galega da posguerra , como Celso Emilio Ferreiro ou Isaac Díaz Pardo entre outros | O pianista ourensán, Fabio Álvarez, acaba de publicar o seu terceiro álbum. Nesta ocasión faino co seu propio selo discográfico. É o seu traballo máis persoal como intérprete porque está dedicado a Xapón, unha cultura que lle apaixona. Reúne sete obras coas que quere transmitir unha mensaxe de esperanza e resiliencia.
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano